Oín un día
a conversa da andoriña co lagarto arnal.
Dicíalle ela:
“Os catro puntos cardinais son:
Leste, onde o primeiro ceo está celeste.
Sur, o camiño máis quente e o ceo máis azul.
Norte, de onde chega o vento frío e forte.
Oeste, a onde van os peregrinos que se presten
e onde está máis húmido o tronco do alcipreste”.
O lagarto tomaba o sol e non sei se lle contestou
á páxara cando abriu a boca:
pero ela deu un chimpo e pousouse na rama máis alta.
Cos lagartos nunca se sabe…
Páxinas de Carricanta
Ana María Fernández
Edición Everest Galicia 1998
I.S.B.N.: 84-403-1152-8