… “Era vella.
Unha vella mirada, cansa de ir e vir por tódolos camiños.
E de aturar ventos e treboadas. Nada había novo para ela. Nin sequera a realidade dos anos que foxen. Tiña vivido horas de anguria e de lecer.
A por de catar lonxanías fóranse ensumindo os ollos.
Por iso deixara de mirar.
Engruñouse, e só atendía os aconteceres pequechos;
as cativezas de tódolos días”…
Fragmento de O Berro
A Muller de Ferro.
Xosé Neira Vilas