“Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Cada Terra é coma se fora o mundo enteiro. Poderala andar
en pouco tempo de norte a sur, de leste a oeste noutro tanto; poderala
volver a andar outra vez e máis. Non a has dar andado. E cada vez que a andes has atopar cousas novas e outras has bótalas de menos. Pode ela ser pequeña en extensión.
En fondura, en entidade, é tan grande como queiras, e desde logo, moito meirande de como ti a ves.¿Non din os filósofos que o home é o «microcosmos», o compendio, o resume do universo todo? Para canto máis unha Terra con tódolos homes que nela viven”.
Da medida das cousas, en Leria [1961]
Vicente Risco
Edición Galaxia
10 de Septiembre 2016
I.S.B.N. 13: 978-8471547309
Meu lar!