“
“O caos impera.
Nas rúas conxestionadas de automóbiles incapaces de moverse,
milleiros de persoas apertan inutilmente o seguro das portas,
escoitan dentro dos coches, presas do medo,
como van saltando, unha tras doutra,
as tapas metálicas dos sumidoiros empuxadas pola presión do monstro.
Miran, cos ollos desorbitados
como xorden deles miríades de linguas vicosas
que devecen por disolvelos
e convertelos en pasto deste macro-organismo aterrador,
sexa o que sexa.
Os máis afortunados,
os que tiñan a sorte de morar nos distrituos periféricos e nos arrabaldes,
foxen tamén impregnados do mesmo pánico,
correndo a canto as pernas lles dan,
sen saber cara onde van, porque este horror,
esta inmundicia que xurdiu dos sotarregos e espallou a destrucción
acaso poida moverse máis rapidamente ca eles
para agardalos, axexando,
en calquera outro lugar no que coiden,
ilusoriamente, estar a salvo“.
Emerxencias
Boca da Noite
Ramón Caride
Edición Everest Galicia 2004
I.S.B.N.: 403-0437-4