“A muller achegouse, seguida polo seu compañeiro.
-¿Aínda hai prazas libres?
– Sí. Aínda quedan corenta e dúas – dixo o controlador.
– O avión leva atraso, ¿non si? ¿Cando vai saír?
– Pois mire, iso non llo sei. Depende de…
A Soluc levábano os demos porque aquel imbécil seguía vendendo billetes, aínda que lle ordenase que nos o fixese a partir da hora oficial de pechar o voo.
-¿Hai tormentas? – Preguntou a muller con aparente inxenuidade.
Hai tormentas. Hai grandes tormentas – remachou Erujan .
– O piloto sabe moito de todo iso.
– ¿De quen depende que non saia o avión? ¿Do piloto?”.
O último voo
Jesús Ballaz
Edición Everest Galicia 1998
I.S.B.N.: 84-403-0386-6