“Delfín era amigo meu, e foi visitarme un xoves de Corpus.
– Soñei que estaba un caldeiro de ouro ao lume, nunhas trébedes de prata, e botaban a cocer unha galiña branca, e o caldeiro comia a galiña e cuspía os ósos. E chegou o Estado e levouse o caldeiro e as tŕébedes, e non me deixaba mas que os ósos da galiña. El hai dereito?. – E cómo era o Estado?, pregunteille.
Delfin mírame e xa ve que eu créolle todo o que me dí, e non me non bulro. Delfin veme tan espritual e tan intelectual como il mesmo o sexa.
– O Estado era un sombreiro, un sombreiro mui grande. Abriu a boca e papou todo.
Despois cuspiu os ósos da galiña branca e unha galiña moura, que eu non a vira deica aquela.
Mirei, e non tiña o ovo. O Estado, é decir o sombreiro, iba tocando o tambor no caldeiro, pola fraga de Rioseco arriba.
Delfín move a cachola, saca un pano azul do peto do pantalón e limpase a boca. E en castelán, petando na mesa, dime:
– Así no merece la pena el atopar tesoros!”
Xente de aquí e de acolá
Álvaro Cunqueiro
Editor: Galaxia
14 Septiembre de 2017
I.S.B.N: 978-8471541826