Escena 1
“- O cego: Oes sancristán…! Ven de misa toda esta xente?
– O sancristán: Diríxese a min…?
– O cego: Claro, home, claro… Como ves, están de parrafeo no adro e non me quixeron prestar atención… Semella que están moi atarefados falando das súas cousas.
– O sancristán: Pois si, eles veñen de misa coma todos os domingos e, arestora, están murmurando do ben que lle vai ao crego cos cartos que recada cando eu paso o cepillo.
– O cego: Si…? Logo non entendo nada. Imos ver… se lles parece mal que o crego obteña cartos por misar, por que os botan no teu cepillo?“
(…)
A boca do Inferno
Teatro
Editor: Everest Galicia
1 de Enero del 2004
I.S.B.N 978-8440304476